martes 17 de julio de 2007

Mapa de Camiños


Mapa tomado de "El territorio y los caminos de Galicia" de Carlos Nárdiz Ortiz

Pulsar no mapa para ampliar
.
.


Como se ve claramente neste mapa, Val do Dubra queda rodeado de importantes e antergas vías de comunicación.

Hoxe díse que para o progreso dunha zona é moi importante que teña bóas comunicacións. Pero esto tamén era importante antigamente.

No noso caso, quen nos xogou(e estáse a repetir a historia) un papel importante foi a Ponte de Portomouro(=paso dos antergos).

Esta ponte derrubóuse no ano 1606 e foron feitas outras(Ponte Albar e Pontemaceira) sacándolle así tránsito a Terras de Dubriam ca conseguinte desvantaxe que nos reportou.

Hoxe hai moitos estudiosos da Vía XX per loca marítima de Antonino que fan coincidir a Portomouro(Entrepontes) coa mansión "Ad duos pontes" e de ahí derivaría pola marxe este do río Dubra(véxase http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2374) ou pola marxe oeste(véxase http://www.celtiberia.net/verrespuesta.asp?idp=4544)

Outro enlace importante onde se explica a caída da ponte e outros temas de Dubra en http://www.celtiberia.net/verlugar.asp?id=612




Unha das razóns de que Dubra esté cercado de vías antigas é que se atopa na depresión meridiana Carballo-Tuy.
Logo está que a súa situación se atopa entre importantes enclaves e minas.